Ola nenos e nenas!
Dende o Departamento de Orientación do CEIP Otero Pedrayo de Laracha, queremos que saibades que non nos esquecemos de vós. Temos moitas ganas de vervos, xogar, rirnos coas vosas historias, pero sobre todo, seguir aprendendo xuntas e xuntos.
Como xa sabedes, agora, non é posible. É por iso que creamos este documento para intentar que este tempo sexa máis ameno.
- Atentas e atentos. Isto comeza!
- Cantos problemas temos! Non vos preocupedes, os problemas non son tan graves, nin tan difíciles, todo é cuestión de actitude! Vamos resolver algúns!
- E as táboas? Que vos parece se xogamos con elas?
- Tamén é moi importante saber cantos cartiños temos aforrados. Este xogo vaivos axudar.
- Cantas horas nos quedan para poder vernos? Pois nos tampouco o sabemos, pero seguro isto nos axuda un pouquiño.
- Para as primeiras lectoras e lectores, atrevédevos! (comprensión lectora)
- Se lemos dun xeito diferente ou con algunha dificultade, podes practicar con nós.
- Para os/as que se queren aventurar con algo máis difícil. (comprensión lectora)
- E as/os que desexan ser os máis sabios e sabias de todo o cole. (comprensión lectora)
- E que vos parece se xogamos a ser profes? Aquí tedes a oportunidade de aprender! (ortografía, punto e coma)
- Seguro que tedes moitas ganas de saber dos vosos amigos e amigas. Pois podedes escribirlle una postal ou unha carta! Seguro que cando remate isto correrás para mandarlla, e faralle moita ilusión! (expresión escrita)
- E… a que non sabiades que sodes unhas escritoras e escritores xeniais? Podedes descubrilo con este xogo que vos ensina como realizar comics! (expresión escrita)
Tampouco nos esquecemos dos nenos e nenas de Educación Infantil, e por iso, temos preparada unha sorpresa para vos:
· Canto sabemos de…?
· Os números, que interesantes!
· Os/as máis valentes que se atrevan a recordar a lingua que non fai ruído (LSE), tedes aquí un xogo. É un pouco difícil, pero seguro que vos podedes!
· Para ir coñecendo e repasando as letras…
· Queredes algún conto? Aí vos vai!
· E para os/as que queredes pintar, pois tamén temos un regaliño!
· A afinar o oído! Que non se diga!
· E a vista!
Esperamos que vos servise de axuda. Vemonos moi moi pronto!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario